PINGAS DE AUGA

PINGAS DE AUGA

jueves, 11 de febrero de 2016

O NOTICIEIRO

As vilas do triángulo máxico do Entroido ourensán poden triplicar a súa poboación durante a festa.

Verín, cos cigarróns, as pantallas en Xinzo e os peliqueiros en Laza conforman o triángulo máxico do Entroido ourensán.

Delegación Ourense 27/01/2016 

http://www.galeon.com/carnaval_ourense/map2002b.jpg
Cando falta pouco máis dunha semana para o principio do Entroido co Xoves de Comadres, atopar aloxamento en calquera destas vilas parece imposible. Estas localidades chegan a triplicar a súa poboación durante as xornadas do carnaval.
As vilas do triángulo máxico do Entroido ourensán, Xinzo, Verín e Laza, ultiman a posta a punto dun programa de xoldra a esgalla que se prolongará durante case unha semana. É tal a demanda de prazas tanto en hoteis coma en restaurantes que, arestora, faise moi complicado por non dicir que imposible, atopar sitio libre. Mañá, en Verín, co Xoves de Compadres empeza a festa e con máis ambiente do que se agardaba.
Durante as xornadas grandes do Entroido, que comezarán o próximo catro de febreiro e ata o día dez co enterro da sardiña a ocupación hoteleira nas tres vilas está practicamente ao completo. Os hoteis reciben chamadas desde todos os puntos do pais, e tamén de fóra, pero deberán procurar prazas nas vilas portuguesas próximas para atopar onde descansar.
Serán milleiros de persoas as que desfrutarán da festa do Entroido na provincia de Ourense. Os datos indican que desde o Xoves de Comadres, Verín e Xinzo poden triplicar a súa poboación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario