PINGAS DE AUGA

PINGAS DE AUGA

martes, 22 de marzo de 2016

VISITAR RIBADAVIA: A TAFONA DA HERMINIA E O PAPUXA.

Ademais do excepcional Barrio Xudeu, a Festa da Istoria, o Castelo, A Mostra Internacional de Teatro ou as numerosas igrexas e Pazos; Ribadavia ten dous lugares singulares que debemos visitar: A tafona da Herminia e O Papuxa. A tafona da Herminia dedícase á venda do denominado  "doce hebreo" como o Kijelej de non ou o Mamut.  O Papuxa é unha taberna enxebre na que cadaquén sérvese o que lle apetece para logo pagar. Alí rodouse parte da película A ESMORGA. 

Non deixedes de visitar a fermosa Ribadavia.

En Galicia Cativa encontrarás lugares singulares de Galicia. Preme sobre a imaxe.





lunes, 14 de marzo de 2016

Creación dun texto.


Á hora de elaborar un texto non debemos deixar todo a improvisación senón que temos que ter claro o tipo de texto que queremos escribir e a quen vai dirixido.
Resumimos nesta presentación as fases da elaboración dun texto.

domingo, 6 de marzo de 2016

CAMIÑOS PARA A APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA.

Mediante a experimentación, a investigación ou a observación os nenos descubren o mundo que os rodea. Cando son capaces de relacionar e organizar esas experiencias e coñecementos previos con novas experiencias, acada unha aprendizaxe que perdura no tempo, é dicir, significativa.

Enlace de creación:

viernes, 4 de marzo de 2016

AS CONTRADICIÓNS DA GUERRA, AS CONTRADICIÓNS DO SER HUMANO.

As contradicións da guerra: solidariedade, axuda, paz contra loita, morte, guerra.

Esta montaxe reflicte as contradicións da condición humana.

Para reflexionar. 

miércoles, 2 de marzo de 2016

PARECE UNHA ROSA. O POEMA DE ROSALÍA

Co gallo da celebración do Dia de Rosalía, na aula estivemos traballando un poema de Rosalía.

Velaquí o resultado.